Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Anuncio de cobramento da taxa de auga-lixo correspondente ao 2.º semestre de 2011

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe sae publicado o seguinte

anuncio de cobramento:

"Comunícaselles a todos os contribuíntes deste termo municipal que a partir do próximo día 16 de xaneiro procederase ao cobramento, en período voluntario, da taxa por recollida de lixo, subministración de auga e canon de saneamento da Xunta correspondente ao 2.º semestre do exercicio 2011, de acordo co seguinte calendario:

Inicio de cobramento. . 16 de xaneiro de 2012

Fin de cobramento. . . . 16 de marzo de 2012

Lugar. . . . . . . . . . . . oficinas de recadación

Horario . . . . . . . . . . de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

Fóra destes prazos esixirase o cobramento pola vía executiva co recargo de constrinximento correspondente e custos do procedemento."


Todas as novas