Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

 

Enderezo

Casa do Concello

Praza do Corgo1, 1º andar

36980 O Grove

Teléfono

986 733 190

Correo electrónico

normalizacionlinguistica [arroba] concellodogrove.es

Facebook www.facebook.com/snlconcellodogrove

O Concello do Grove conta cun Servizo de Normalización Lingüística (SNL) para promover a galeguización dos seus servizos e poñer en marcha programas dirixidos á cidadanía, co fin de implicala neste proceso.

O SNL ten como obxectivo fundamental acadar a normalización da lingua galega. O seu labor consiste en potenciar o uso e aumentar o prestixio do galego na Administración local e en todos os ámbitos da vida municipal.

Funcións do SNL

O SNL atende tanto o aspecto organizativo da Administración local como as necesidades lingüísticas do conxunto da poboación. Así pois, a súa actividade céntrase en tres eidos fundamentais: asesoramento, formación e dinamización.

Asesoramento

  • Corrección documental
  • Tradución de textos breves
  • Asesoramento lingüístico
  • Mellora da calidade lingüística e comunicativa dos textos escritos
  • Normalización da imaxe lingüística da entidade
  • Deseño de modelos da documentación formal do Concello (formularios, carteis, actas, facturas, etc.).
  • Contribución na elaboración dun modelo de regulamento do uso do galego na entidade local e promoción da súa posta en práctica
  • Fixación de criterios lingüísticos propios

Formación

  • Planificar, xestionar e difundir a realización de cursos de lingua galega, tanto para o persoal ao servizo do Concello como para a poboación en xeral
  • Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, ferramentas e recursos lingüísticos...
  • Detectar as necesidades formativas do cadro de persoal do Concello para deseñar un programa de formación lingüística

Dinamización

  • Promover campañas e accións encamiñadas a dinamizar o uso do galego nas actividades cotiás da cidadanía en todos os ámbitos e rachar cos prexuízos lingüísticos que impiden o uso habitual da lingua galega en certos sectores
  • Coordinar actuacións con outros servizos lingüísticos ou entidades que persigan os mesmos fins normalizadores
  • Difundir e xestionar liñas de axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego
  • Promover e coordinar grupos de persoas interesadas na normalización que funcionarán como axentes normalizadores entre a cidadanía

--------------------------------------

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello do Grove unha subvención de 20.000 euros para o mantemento do SNL municipal no ano 2021, ao abeiro das bases da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2021.

----------------------------------

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello do Grove unha subvención de 2.795,79 euros para o programa "Bicos con Lingua. Unidade didáctica", ao abeiro das subvencións dirixidas aos concellos para as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2021. 

----------------------------------

O Concello do Grove recibiu da Xunta de Galicia (SXPL) unha subvención por importe de 4.202,12 euros para o mantemento do seu servizo lingüístico ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.