Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

 

O Concello do Grove considera que o colectivo de maiores é un dos que merece maior atención, polo que conta cunha concellería específica de Terceira Idade que ten como principal e grande obxectivo adaptar as necesidades das persoas maiores da vila para que poidan afrontar con garantía, seguridade e tranquilidade esta fase da vida.

 

Ao longo do ano desenvolvemos numerosas actividades destinadas a mellorar a calidade de vida da xente maior do noso municipio e poñemos en marcha unha gran variedade de iniciativas neste sentido, moitas das cales teñen lugar na Casa da Terceira Idade, situada na avenida dos Irmáns Otero Goday.

 

Queremos traballar con vós, pero, sobre todo, para vós.