A Concellería de Participación Cidadá, de nova creación neste mandato e de carácter transversal, ten por obxecto fundamental facilitar o diálogo entre os veciños e veciñas do Grove e o seu concello.
Esta concellería é a encargada de garantir que se lles dea resposta a todas as queixas e suxestións que cheguen ao Concello, xa que a opinión cidadá é un elemento importante para poder mellorar os servizos municipais.
Por outra parte, os membros do Goberno do Concello do Grove somos conscientes da grande importancia que o labor das asociacións teñen na nosa localidade, e é a nosa obriga lograr unha boa comunicación entre estas, o Concello e a veciñanza.
A través desta páxina web, o correo electrónico, o blog ou acudindo á concelleira delegada de Participación Cidadá, os veciños e veciñas poden achegar as súas inquedanzas e problemas, así como as súas ideas e iniciativas para compartirmos entre todos o fin común de mellorar a nosa calidade de vida e o progreso do Grove.