O Departamento de Deportes encárgase da xestión dos servizos deportivos do Concello.
Esta concellería é a responsable da utilización das instalacións deportivas municipais e da organización de actividades deportivas dirixidas tanto á cidadanía en xeral como a sectores moi determinados desta.
Pretende ser un nexo de unión entre o goberno do municipio, os grupos políticos da corporación e as entidades deportivas da vila, co obxecto de que na toma de decisións sobre cuestións que lle afectan ao deporte estean presentes todas as persoas implicadas na promoción da práctica do deporte no concello do Grove.