Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

As novas tecnoloxías son unha ferramenta fundamental nos nosos días e estanse a converter no instrumento de traballo básico na nosa relación coa cidadanía.

A Concellería de Novas Tecnoloxías ten por obxectivo implantar e mellorar as canles de comunicación e interacción entre a Administración a veciñanza. Pretendemos achegarlle as novas tecnoloxías a toda a xente do Grove co compromiso de seguir implementando os servizos da páxina web municipal e impulsar a

adaptación do noso concello á Administración electrónica. Neste senso, modernizando os nosos sistemas de información e de comunicacións, estamos a traballar para conseguir un concello aberto á cidadanía as 24 horas do día ao longo de todo o ano.