Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O Corpo da Policía Local do Grove, dependente da Concellería de Seguridade, ten como misión principal velar pola seguridade pública.

FUNCIÓNS

Unha das funcións máis importantes dun Concello é a de resolver os problemas derivados do tráfico viario, o medio ambiente, a seguridade cidadá, os conflitos privados e as situacións de risco ou emerxencia. A solución destes problemas canalízase a través da Policía Local, que, xa que logo, ten entre as súas funcións as seguintes:

  • Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no núcleo urbano.
  • Instruír os atestados correspondentes aos accidentes de tráfico ocorridos dentro do termo municipal.
  • Instruír os expedientes sancionadores en materia de tráfico.
  • Prestar auxilio en caso de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando nas tarefas de protección civil.
  • Previr a comisión de actos delituosos, mediante unha efectiva vixilancia das rúas, prazas e lugares do municipio.
  • Cooperar na resolución de conflitos privados.
  • Vixiar e custodiar os edificios e instalacións municipais.
  • Realizar informes de convivencia, de solicitudes de vao e ocupación da vía pública, localización e precinto de vehículos, actividades industriais, etcétera.
  • Auxiliar a Policía Xudicial.

Ademais destas funcións propias do servizo, desde a Policía Local realízanse ao cabo de ano numerosas actividades de información para diversos colectivos, pero especialmente para a poboación escolar do municipio.

CAMPAÑAS DA POLICÍA LOCAL

  • Control de velocidade
  • Control de ruídos
  • Utilización do casco protector
  • Cinto de seguridade
  • Control de ciclomotores
  • Outras

ORDENANZAS E REGULAMENTOS MUNICIPAIS

CONTACTO

Enderezo

Edificio da Policía Local

Avda. de Beiramar, 188

Ver mapa  
Teléfono 986 733 333
Responsable do servizo  
Responsable político José Antonio Cacabelos Rico (alcalde)