Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AXUDAS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2026-2027)

Fecha: 2026-06-08

AXUDAS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2026-2027)

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove informa que a partir do día 5 de xuño e atao 30 do mesmo mes estará aberto o prazo de presentación dassolicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro curso 2026-2027.

As axudas van dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

As axudas concederanse tendo en conta o nivel de ingresos familiares, e será requisito imprescindible cursar estudos en centros sostidos con fondos públicos do concello do Grove.

As solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

-          Fotocopia do DNI do solicitante.

-          Fotocopia do libro de familia (de todas as follas).

-          Volante de empadroamento familiar (será solicitado polo propio departamento de Servizos sociais)

-          Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia(preferentemente declaración da renda do exercicio de 2025).

-         Xustificante dematrícula.

-         Contrato/recibodo aluguer do piso ou do pagamentoda hipoteca

Máis Información

Bases Axuda Libros

Formulario solicitude da Axuda


https://concellodogrove.sedelectronica.gal/preview-document/f0da6153-f3d2-4301-a928-3960151957a4/

 

A documentación deberá entregarse a través da SEDE ELECTÓNICA do Concello  ou no SERVIZO de REXISTRO MUNICIPAL (Edificio Administrativo do Concello. Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero nº 3, planta baixa)