RENOVACIÓN DE MATRÍCULA NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL – CURSO 2025/2026
Fecha: 2025-06-13
A Concellería de Educación do Concello do Grove informa de que o prazo para a renovación de matrícula do alumnado da Escola de Música Municipal correspondente ao curso 2025/2026 estará aberto do luns 16 ao luns 30 de xuño de 2025.
A renovación está dirixida exclusivamente ao alumnado que xa está matriculado durante o curso 2024/2025, e desexe continuar na mesma modalidade ou instrumento.
A matrícula poderá formalizarse no Rexistro do Concello, situado na planta baixa do edificio administrativo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou a través da sede electrónica do Concello.
Os impresos para a renovación estarán dispoñibles a partir do venres 13 de xuño, tamén na planta baixa do edificio administrativo.
Importante: Para cambios de instrumento ou novas solicitudes, será necesario agardar ao prazo de matrícula xeral, que se abrirá durante o mes de agosto, con adxudicación de prazas segundo a orde de entrada no rexistro.
Instancia renovación de matricula