Plan ConciliaGrove 2025
Fecha: 2025-05-15
O Concello de O Grove pon en marcha o Plan ConciliaGrove 2025, unha iniciativa deseñada para facilitar a conciliación familiar durante os meses de verán, ofrecendo actividades educativas e de lecer para nenos e nenas do municipio.
Programas dispoñibles:
Campamento Deportivo: Dirixido a nenos e nenas nacidos entre 2011 e 2018. As actividades desenvolveranse en horario de 10:00 a 13:45 horas, cunha cota mensual de 125 euros.
Ludoteca Concilia: Pensada para nenos e nenas nacidos entre 2017 e 2021. As actividades terán lugar de 9:00 a 14:00 horas, cunha cota mensual de 150 euros.
Datas:
Do 1 de xullo ao 29 de agosto de 2025.
Inscrición:
Prazo de presentación de solicitudes: do 15 ao 30 de maio de 2025.
Lugar de presentación: OMIX da Casa do Concello (Praza do Corgo).
Documentación necesaria:
Ficha de inscrición debidamente cuberta. DESCARGA FICHA DE INCRICIÓN
Copia do DNI do pai, nai ou titor/a legal.
Certificado médico en caso de enfermidades ou alerxias que deban ser tidas en conta.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX do Concello de O Grove.