Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Apertura dun novo prazo para a inscrición das prazas dispoñibles na escola de música para o curso 2024-2025

Desde a Concellería de Educación, infórmase da apertura dun novo prazo para a inscrición nas prazas dispoñibles na escola de música para o curso 2024-2025, que se detallan a continuación:

Instrumento
Nº de Prazas
Piano
3
Saxofón
2
Guitarra
4
Canto
2
Violonchelo
2
Violín
2
Percusión/Batería
1
Frauta
1
Música e movemento
1
Estimulación Musical
1
Clarinete
1

A inscrición realizarase no Rexistro do Concello, no Edificio Administrativo na Rúa Alcalde Xacobe Barral, 3, en horario de 9.00 a 14.00 h, ou ben a través da sede electrónica.

O prazo ábrese a partir do xoves 1 de agosto, sen prazo de peche. Tódalas persoas que queden sen praza pasarán a unha lista de agarda por orde de entrada no Rexistro.

Poderanse recoller os impresos en papel a partir de hoxe, martes 30 de xullo, na planta baixa do Edificio Administrativo ou ben descargalos na páxina web.

As clases comezarán no mes de outubro. Publicarase unha listaxe cos alumnos admitidos a comezos de setembro, e outra listaxe cos alumnos en lista de agarda.

A finais de setembro, a dirección da escola poñerase en contacto cos alumnos para confirmar os horarios e a data de inicio do curso.

IMPORTANTE: Só se terán en conta as solicitudes presentadas no rexistro por cada alumno, non admitíndose a presentación na mesma solicitude de dúas ou máis inscricións.

DESCARGA O FORMULARIO DE INSCRICIÓN AQUÍ


Todas as novas