Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Sábados poéticos na casa da cultura

Todos os sábados, de 11.30 a 12.30 h, a escritora Carmen Castejón dirixirá un taller poético na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

Esta actividade comezará o vindeiro día 13 de novembro e poderá realizarse tanto de xeito presencial como a través de Internet.

A cota de inscrición será de 20 euros ao mes para o modo presencial e 30 euros mensuais para quen opte pola modalidade en liña. O primeiro mes custará só 10 euros.

As clases están dirixidas a quen escribe poesía, a quen quere facelo pero non ten seguridade, aos lectores e lectoras que necesiten ter unha visión máis ampla dos textos ou mesmo a esas persoas que non escriben pero ás que lles gustaría iniciarse no mundo do verso.


Todas as novas