Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Ábrese o prazo para solicitar composteiros

  • Todas as persoas interesadas en facer compostaxe deberán cubrir unha solicitude entre os días 4 de febreiro e 3 de marzo.
  • Entregarase en calidade de cesión gratuíta un composteiro, ata esgotar existencias (50 exemplares), segundo rigorosa orde de inscrición.
  • Cederase un composteiro por familia.
  • No caso de non utilizalo ao cabo dun tempo, o Concello recuperará o exemplar e cederallo a outra persoa beneficiaria.
  • Para cubrir a solicitude deberán anotarse directamente na Concellería de Limpeza do Concello do Grove (primeiro andar, á esquerda).
  • Unha vez seleccionadas as persoas beneficiarias, chamaranse para realizar un curso de formación. 

Todas as novas