Presentación do sitio web institucional do Concello do Grove
Hoxe, ás 11.00 h, terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello unha rolda de prensa para presentar publicamente esta nova web institucional do Concello do Grove.
O portal nace coa clara vontade de ofrecer cada día mellores servizos, dar a coñecer novos proxectos e aproveitar todas as posibilidades das novas tecnoloxías para que a cidadanía poida realizar consultas e xestións.