A Escola Municipal de Música do Grove abre o prazo de renovación de matrícula para o curso 2026-2027
Fecha: 2026-06-12
A Escola Municipal de Música do Grove abre o prazo de renovación de matrícula para o curso 2026-2027
O Concello do Grove informa o alumnado actualmente matriculado na Escola Municipal de Música de que se abre o prazo para solicitar a renovación da matrícula correspondente ao curso 2026-2027.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto desde o 15 ata o 26 de xuño de 2026, ambos incluídos.
As solicitudes de renovación poderán presentarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello do Grove ou a través da sede electrónica municipal.
Poderá solicitar a renovación da matrícula unicamente o alumnado que teña aboadas na súa totalidade as cotas correspondentes ao curso 2025-2026.
A presentación da solicitude dentro do prazo establecido permitirá a reserva da praza para o curso 2026-2027. Pola contra, o alumnado que non presente a solicitude no prazo indicado perderá o dereito á reserva da súa praza.
Unha vez rematado o período de renovación, o Concello determinará as vacantes existentes e procederá á súa oferta pública para a incorporación de novo alumnado.
Ligazón ao formulario: