PASCUAL GIMENO MONTALAR GAÑA A XII EDICIÓN DO CONCURSO DE PINTURA ERNESTO GODAY COA OBRA “PLAYA DE SAN VICENTE”
Fecha: 2024-12-13
O Grove, 06/12/2024.- Pascual Gimeno Montalar, residente en Museros (Valencia),ven de gañar a XII Edición do Concurso de Pintura Ernesto Goday. Así mesmo, resultou finalista Manuel Carballeira Rivas, residente en Valdoviño (A Coruña).
O Concello do Grove, co patrocinio do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra, convocou a décimo segunda edición do concurso en memoria do insigne pintor local Ernesto Goday, dotado con 3000,00 €.
Asemade, grazas a un convenio colaboración do Concello do Grove coa Asociación Española de Pintores e Escultores, entidade da que foi membro Ernesto Goday, o gañador tamén recibirá o Premio da Asociación consistente en medalla e diploma.
Despois de deliberar, o Xurado acordou declarar como gañadora da presente edición a obra presentada baixo o título “Playa de San Vicente” e oautor da obra gañadora resultou ser Pascual Gimeno Montalar.
O Xurado considera que, pola súa calidade, merece unha mención especial a obra finalista: “A Toxa” de Manuel Carballeira Rivas
Ao concurso presentáronse un total de 49 obras das que 10 foron seleccionadas para formar parte dunha exposición, que pode ser visitada na Casada cultura “Manuel Lueiro Rey” desde esta semana ata finais do mes de xaneiro. Así mesmo, estase a editar o catálogo desta exposición que estará dispoñible en breve.