Carteira de servizos PGD
Contar cunha carteira de servizos en materia de prevención constitúe unha estratexia de mellora da calidade dos servizos das administracións que o Plan de Galicia sobre drogas (PGD) se compromete a promover e apoiar para lograr que os programas preventivos cheguen a unha serie de colectivos e grupos sociais, previamente definidos, de toda Galicia.
Esta carteira de servizos informa a cidadanía sobre os servizos que os órganos administrativos prestan de maneira efectiva, así como sobre os dereitos dos cidadáns/ás e usuarios/as dos servizos públicos.
O PGD pretende fixar determinados niveis de calidade na prestación de servizos previamente existentes, co compromiso público de prestalos nunhas condicións predeterminadas e cuns indicadores ou estándares ponderables sobre a calidade do servizo, establecendo un marco de garantías para o conxunto das institucións, os e as profesionais e a cidadanía.
A relación de programas incluídos na carteira de servizos, ordenados por ámbitos, é a seguinte:
DIRIXIDOS AO ÁMBITO ESCOLAR
- Programa de prevención do consumo de drogas no ámbito educativo: PPCDE (prevención universal)
- Programa Cinensino (prevención universal)
- Programa Non pasa nada, ¿pasa algo? (prevención selectiva)
- Programa Odisea (prevención selectiva en centros de garantía social)
DIRIXIDOS AO ÁMBITO FAMILIAR
- Programa Máis que un teito (prevención universal)
- Programa En familia todos contan (prevención selectiva)
- Programa Entre todos (prevención indicada)
DIRIXIDOS Á MOCIDADE
- Programa Activa (prevención universal)
- Programa Cambio de sentido: prevención do consumo de alcol na condución de vehículos (prevención universal)
- Programa Alternativa: dirixido a mozos/as con denuncias por consumo ou posesión de drogas en lugares públicos (prevención selectiva)
- Programa Creative: prevención do consumo de alcol e outras substancias en espazos urbanos públicos (prevención selectiva)
DIRIXIDOS AO ÁMBITO LABORAL
- Programa Ao alcance: prevención do abuso de drogas no ámbito laboral (prevención universal)
DE REDUCIÓN DE DANOS E PREVENCIÓN INDICADA PARA DROGODEPENDENTES
- Programa Sísifo: intervención precoz con drogodependentes en situación de emerxencia social
- Programa Itínere: prevención indicada e incorporación sociolaboral para drogodependentes excarcerados
PROGRAMAS DE PREVENCIÓN EN CLAVE DE XÉNERO
- Programa Penélope: prevención do consumo de drogas dirixido a mulleres.
PROGRAMAS DE PREVENCIÓN DIRIXIDOS A OUTROS COLECTIVOS
- Programa Acais: prevención de consumos de drogas e hábitos non saudables na comunidade xitana
ACTIVIDADES TRANSVERSAIS DE SOPORTE AOS PROGRAMAS DE PREVENCIÓN
- Programa de información/sensibilización sobre as drogas e os seus efectos
- Programa de formación de mediadores/as sociais en prevención das drogodependencias
Accede á carteira de servizos do Plan de Galicia sobre drogas, co desenvolvemento dos distintos programas que a integran, así como aos instrumentos de soporte e apoio á súa xestión e ás guías técnicas para a súa implantación que a acompañan.