Destinatarios/as
A) OBXECTIVOS
OBXECTIVO XERAL
- Difundir entre a poboación información sobre o tabaco.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Informar a poboación da necesidade de manter espazos libres de fume.
- Informar a poboación sobre a normativa vixente con respecto ao consumo de tabaco no medio laboral.
- Difundir entre a poboación información sobre diferentes recursos que lles poidan ser de utilidade para conseguir os seus obxectivos con respecto a deixar o consumo de tabaco.
- Facilitarlles o abandono do consumo de tabaco ás persoas que o demanden a través do taller que se oferta para deixaren de fumar.
- Dar a coñecer o SPAD como recurso preventivo e asistencial.
B) ACTIVIDADES
1. ROMPENDO CO TABACO
Colocación de varias mesas informativas na rúa, ás que o conxunto da poboación teña fácil acceso e nas que poida recoller información (folletos, guías, etc.) e material diverso editado polo Programa galego de promoción da vida sen tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública e obter información sobre o SPAD e o acceso ao programa para deixar de fumar.