texto grande
buscar

1. PROGRAMA ACTIVA

 

A) OBXECTIVOS

 

OBXECTIVOS XERAIS

  • Reducir a intención de consumo de drogas no futuro entre a mocidade do Grove.
  • Incrementar a percepción do risco asociado ao consumo de drogas, en especial no caso do tabaco, o alcol e o cannabis.
  • Reducir a tolerancia/permisividade da xente nova respecto ao consumo de drogas no seu medio social próximo.
  • Incrementar o rexeitamento de mozas e mozos fronte ao consumo de drogas.  

 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Mellorar a información sobre drogas entre a poboación xuvenil, favorecendo a toma de conciencia da problemática que xera o seu uso e/ou abuso. 
  • Incrementar a información sobre os riscos asociados ao uso de drogas.
  • Incrementar as habilidades básicas para anticiparse aos problemas que poidan xurdir polo uso/abuso de drogas.
  • Incrementar as habilidades de resistencia e autocontrol ante o uso/abuso de sustancias legais e ilegais.
  • Favorecer a implicación e participación da poboación xuvenil en actividades de ocio saudables.
  • Informar a xuventude dos perigos da combinación drogas-condución e drogas-relacións sexuais, proporcionándolles ideas e alternativas de menos risco asociado no caso de existir consumo.  

B) METODOLOXÍA E ACTIVIDADES

 

1. Curso de mediadores/as xuvenís en educación para a saúde

Dirixido a mozas e mozos maiores de 18 anos que desenvolven algunha actividade (deportiva, asociativa, etc.) que lles sirva de plataforma para constituírse en axentes mediadores con respecto a temas relacionados coas drogodependencias, a sexualidade e o fomento da saúde, fundamentalmente. O curso terá unha duración de 20 h, distribuídas en varias sesións de traballo, que conxugarán a parte teórica con outra eminentemente práctica (dinámicas grupais, xogo roles, traballos en equipo, etc.).

 

Programa do curso

 

2. Concurso Que lle dirías...?

Ten como finalidade a difusión de mensaxes preventivas entre iguais, para o cal se promociona este concurso no que se pode participar en dúas modalidades: escrita e debuxo, invitando a todos os mozos e mozas de 13 a 29 anos do concello do Grove. 

 

3. Información e promoción da saúde

- Promoción de actividades de ocio saudables. En colaboración con asociacións, colectivos, entidades, etc., ben sexa aproveitando actividades que teñan previsto realizar, como creando novas actividades conxuntas.

- Realización de campañas de difusión de información (drogas, sexualidade, vida saudable, etc.). 

 

2. PROGRAMA CAMBIO DE SENTIDO

  

A) OBXECTIVOS

 

OBXECTIVOS XERAIS

  • Mellorar a información do alumnado das autoescolas en relación cos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcol ou outras drogas.
  • Incrementar a percepción de “vulnerabilidade persoal” derivada da condución dun vehículo tras consumir alcol ou outras drogas.
  • Reducir o número de accidentes viarios entre a mocidade nos cales interveñen o alcol ou outras drogas.
  • Reducir o número de lesionados e mortos en accidentes viarios entre a mocidade nos cales interveñen o alcol ou outras drogas.
  • Promover actitudes e condutas máis seguras e responsables na condución de vehículos entre a poboación que se prepara para obter o permiso de conducir nas autoescolas, baseadas en evitar o consumo de alcol ou outras drogas, no respecto das taxas de alcoholemia, no uso de cintos de seguridade e en evitar conducir ante o menor síntoma de sono ou cansazo. 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Facilitarlle ao alumnado das autoescolas información sobre o impacto que a inxestión de alcol ou outras drogas ten sobre as habilidades ou capacidades para a condución e a conduta.
  • Incrementar entre os participantes a percepción do risco e vulnerabilidade asociadas á condución de vehículos baixo os afectos do alcol ou outras drogas.
  • Corrixir entre o alumnado das autoescolas os erros e mitos relacionados co consumo de alcol e outras drogas e o aproveitamento do ocio e o tempo libre.
  • Fortalecer nas alumnas e alumnos o desenvolvemento de habilidades e recursos que lles permitan o manexo adecuado de situacións grupais onde exista presión ao consumo de drogas.
  • Reforzar a motivación para evitar o uso do vehículo cando se superen as taxas máximas de alcoholemia permitidas, promovendo entre as e os  futuros condutores alternativas á condución baixo os efectos das drogas.
  • Reforzar un compromiso persoal de condución segura nos contextos de ocio nocturno.
  • Difundir a existencia e promover o uso do transporte público nocturno.
  • Explicar as razóns de protección que sustentan a lexislación vixente sobre seguridade viaria e uso de drogas.
  • Favorecer nas alumnas e alumnos das autoescolas a aceptación normativa para reducir as taxas de mortalidade e incapacidade relacionadas co uso de alcol e outras drogas.

B) METODOLOXÍA DA ACTIVIDADE

 

1. Cambio de sentido

Establecidos os contactos coas dúas autoescolas locais presentando o programa e o Manual de intervención nas autoescolas, editado pola Subdirección Xeral de Saúde Mental e drogodependencias.

Solicítase a súa colaboración e adscrición ao programa, xa que a súa implementación será establecida dentro do conxunto das actividades teórico-prácticas que o alumnado realiza para a obtención do permiso de circulación.

Impartiranse dúas sesións de, aproximadamente, unha hora e media de duración con cada un dos grupos de traballo, establecendo as intervencións periodicamente ao longo do ano. Estas constarán de:

a) Un cuestionario pretest (sobre coñecementos e actitudes).

b) O desenvolvemento dos contidos de xeito dinámico e participativo-activo, cos apoios audiovisuais, estadísticos, etc. oportunos.

c) O cuestionario postest.

d) Conclusións finais.

 

Facilítase un manual individual a cada participante asistente.

 

axenda SPAD
calendario
mes anterior setembro | 22 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930
noticias SPAD
nais/pais
pola saúde
cinensino
saúde
na escola
contos para
conversar
campañas do
Plan Nacional
o alcol
e ti
espazo
sen fume
quitómetro
clases
sen fume
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss