texto grande
buscar

PROGRAMA DE PREVENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR

A) OBXECTIVOS

 

OBXECTIVOS XERAIS

  • Sensibilizar os pais/nais do concello do Grove cara á importancia da auto-responsabilidade de cada un dos membros da familia con respecto á saúde.
  • Informar/formar os pais/nais en conceptos básicos de drogodependencias, de forma que poidan manexar este tema cos seus fillos/as dunha forma realista e sen que a eles lles xere ansiedade.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Crear un espazo de traballo onde tratar temas que poidan axudarlles a entender/resolver aquelas situacións que se lles presenten ao longo das distintas etapas polas que van pasando os seus fillos/as.
  • Proporcionarlles habilidades, coñecementos, recursos, etc. para que cheguen a converterse en modelos educativos e preventivos para os seus fillos/as, grupos de iguais e poboación en xeral.
  • Darlles a coñecer aos pais/nais o consumo real de substancias na nosa comunidade, e a súa posible contribución na procura dunha comunidade máis saudable.
  • Informar os pais/nais sobre os diferentes recursos aos que se poden achegar para aclararen as súas dúbidas.
  • Proporcionarlles estratexias e habilidades encamiñadas a melloraren a comunicación cos seus fillos/as en cuestións como o establecemento de normas e límites, consecución de metas e obxectivos, organización saudable do seu ocio e tempo libre, etc.
  • Achegarlles periodicamente información sobre temas de saúde e educación en xeral para axudarlles a entender/resolver aquelas situacións que se lles presenten ao longo das distintas etapas polas que van pasando os seus fillos/as.
  • Fomentar alternativas de ocio e tempo libre nas que os pais/nais-fillos/as compartan un tempo e espazos comúns.
  • Impulsar a participación en talleres lúdico-educativos guiados, resaltando o significado e importancia das actividades experienciais como tales.

B) METODOLOXÍA E ACTIVIDADES

 

1. GRUPOS DE PAIS/NAIS.

Convócanse tendo como mediadores os centros de ensino e/ou as súas ANPA, e organízanse os grupos con base nas etapas de ensino e/ou centros (e. infantil, e. primaria ou e. secundaria), establecéndose subgrupos de traballo baseándose nas idades dos fillos/as.

 

Ofértanselle a cada grupo uns módulos de traballo, dos que o propio grupo pode priorizar os temas a traballar segundo os intereses dos participantes, planificando un número de sesións e a súa periodicidade. Contémplase como prioritaria a participación e dinamización dos asistentes nos debates, traballo en grupos pequenos, intercambio de ideas, dinámicas grupais, etc. empregando unha metodoloxía dirixida de descubrimento e intercambio experiencial entre os propios asistentes.

 

2. FOLLA INFORMATIVA.

Editada de xeito periódico e repartida entre os escolares, contén información sobre temas de saúde e educación en xeral para axudarlles aos pais/nais a entender/resolver aquelas situacións que se lles presenten ao longo das distintas etapas polas que van pasando os seus fillos/as. O número de follas e o tipo de tema escollido van en función das idades dos fillos/as do grupo destinatario (EI, EP, ESO).

 

Dáselles a posibilidade aos grupos de pais/nais de que se formen, de colaboraren como tal na edición dalgún dos temas das follas informativas.

Podes descargar as revistas desde aquí.

 

axenda SPAD
calendario
mes anterior decembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
noticias SPAD
nais/pais
pola saúde
cinensino
saúde
na escola
contos para
conversar
campañas do
Plan Nacional
o alcol
e ti
espazo
sen fume
quitómetro
clases
sen fume
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss