texto grande
buscar

As políticas e estratexias dirixidas á prevención deben compaxinar a globalidade das intervencións, co desenvolvemento de accións selectivas sobre certos colectivos e grupos sociais, que permitan incidir de forma concreta sobre determinados factores ou circunstancias que actúan estimulando ou facilitando o uso de drogas (factores de risco), ou ben sobre aqueloutros que, como a información, a educación, as competencias e as habilidades persoais ou sociais ou determinados valores, impiden ou modulan os consumos (factores de protección).

 

De acordo con estas premisas de carácter técnico, e tendo en consideración o establecido na Estratexia Nacional Sobre Drogas 2000-2008 e no Plan de acción 2005-2008, establécense os seguintes principios nos cales se debe apoiar a actuación que se levará a cabo no campo da prevención:

 

- A necesidade de impulsar políticas de prevención integrais que incorporen actuacións dirixidas, tanto ao control da oferta, como á redución da demanda de drogas, e que incidan de forma coordinada sobre diferentes sectores da poboación.

- A educación configúrase como a ferramenta central da acción preventiva. O uso de drogas constitúe un fenómeno cun marcado carácter social, que non se pode desvincular doutros procesos sociais e que está intimamente ligado aos valores sociais dominantes e ás formas de organización social.

- A promoción activa de hábitos de vida saudables e dunha cultura de saúde que inclúa o rexeitamento ao consumo de drogas, así como a modificación de actitudes e comportamentos da sociedade respecto ás drogodependencias. A educación para a saúde débese configurar como un elemento central das estratexias dirixidas a reducir a demanda de drogas, polo que se debe pór á disposición do conxunto da poboación, e especialmente dos nenos e adolescentes, aqueles contidos informativos, habilidades e capacidades que favorezan a instauración de estilos de vida saudables.

- A educación para a saúde e a prevención do consumo de drogas deben formar parte dos contidos que se abordarán dentro da educación obrigatoria e non obrigatoria.

- A conveniencia de simultanear o desenvolvemento de programas de prevención universais con outros de carácter selectivo e indicados, que incorporen estratexias dirixidas á redución de danos e á prevención de riscos asociados ao consumo de drogas entre aquelas poboacións ou colectivos que xa se iniciaron a el.

- O rigor técnico e científico das actuacións preventivas. Todo programa preventivo débese axustar a unha serie de requisitos metodolóxicos e técnicos, en consonancia cos “Criterios básicos de intervención nos programas de prevención das drogodependencias”, aprobados polo conxunto dos plans autonómicos sobre drogas (DGPNSD, 1997).

- A normalización das accións, traballando e actuando sempre que se poida desde os recursos normalizados da comunidade.

- A intersectorialidade ou exixencia da actuación e participación activa de todos aqueles sectores que conforman a estrutura social, tanto das institucións competentes nos distintos ámbitos onde inciden os programas de prevención, como da sociedade civil. Sempre que sexa posible deberanse formular programas de prevención delimitados territorialmente, co fin de facilitar a participación coordinada das administracións públicas, os técnicos e expertos en prevención e a propia poboación á que van dirixidos estes programas.

- Os programas preventivos multicompoñentes, que inciden simultaneamente sobre diversos aspectos relacionados co uso de drogas (información, habilidades sociais e persoais, control emocional, educación en valores, etc.), configúranse como o instrumento máis adecuado para incidir nun problema cunha etioloxía multicausal.

- Os programas preventivos deben facilitar a sinerxía e complementariedade de actuacións entre distintos ámbitos de intervención (educativo, laboral, comunicación social, sanitario, etc.).

- A corresponsabilidade social e a participación da cidadanía.

axenda SPAD
calendario
mes anterior setembro | 22 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930
noticias SPAD
nais/pais
pola saúde
cinensino
saúde
na escola
contos para
conversar
campañas do
Plan Nacional
o alcol
e ti
espazo
sen fume
quitómetro
clases
sen fume
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss