texto grande
buscar

A prevención

Dependendo da relación que a persoa establece coa substancia (non consumo, experimentación, consumo ocasional, habitual, etc.), establécense os seguintes niveis:

 

• PREVENCIÓN UNIVERSAL: son propostas de actuación que están dirixidas a toda a poboación sen distinción, sen identificar ningún risco persoal nin que o grupo estea caracterizado por risco específico, polo que non etiqueta nin estigmatiza proporcionando a posibilidade de focalizarse sobre os factores de risco da comunidade. Incide antes de que a persoa teña contacto ningún coa droga, de aí que constitúa a prevención máis desexable.

 

O seu OBXECTIVO é a protección da saúde co fin de impedir a aparición dun problema relacionado co consumo de drogas.

 

• PREVENCIÓN SELECTIVA: son actuacións dirixidas a un grupo concreto, pertencente a un segmento de poboación que ten un risco maior de ser consumidor de drogas ou a colectivos onde xa se detectou algunha situación relacionada co uso de drogas. O risco non é individual, senón que está no grupo de pertenza.

 

O OBXECTIVO é tratar o antes posible a situación para que non se orixinen consumos problemáticos futuros, aproveitando que se atopa nos primeiros estados, resultando máis conveniente actuar especificamente sobre o grupo.

 

• PREVENCIÓN INDICADA: está dirixida a un subgrupo concreto da comunidade que presenta unha situación de consumo de drogas e/ou que os individuos xa teñen problemas de comportamento. Poden ser xa consumidores ou só experimentadores que aínda non reúnen os criterios para seren diagnosticados en situación de abuso de drogas. Son considerados individuos de alto risco.

 

O OBXECTIVO céntrase en evitar complicacións e recaídas, así como outras consecuencias asociadas ao consumo que agravarían o problema. Baséase nos procedementos de tratamento e rehabilitación para a enfermidade que ten xa claros síntomas clínicos.

axenda SPAD
calendario
mes anterior setembro | 22 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930
noticias SPAD
nais/pais
pola saúde
cinensino
saúde
na escola
contos para
conversar
campañas do
Plan Nacional
o alcol
e ti
espazo
sen fume
quitómetro
clases
sen fume
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss