A prevención
«Un proceso activo de implementación de iniciativas tendentes a modificar e mellorar a formación integral e a calidade de vida dos individuos, fomentando o autocontrol individual e a resistencia colectiva ante a oferta de drogas» (Martín, 1995, p. 55).
Son varios os OBXECTIVOS que pretende acadar a prevención das drogodependencias. Destacamos os seguintes (Ammerman et. al., 1999; Martín, 1995; Paglia e Pandina, 1999; Plan Nacional sobre Drogas, 2000 e seg.):
- Atrasar a idade de inicio do consumo de drogas.
- Limitar o número e tipo de substancias empregadas.
- Evitar a transición da proba de substancias ao seu abuso e dependencia.
- Diminuír as consecuencias negativas do consumo naqueles individuos que consomen drogas ou que teñen problemas de abuso ou dependencia delas.
- Educar os individuos para que sexan capaces de manter unha relación madura e responsable coas drogas.
- Potenciar os factores de protección e diminuír os de risco para o consumo de drogas.
- Modificar as condiciones do contorno sociocultural e proporcionar alternativas de vida saudables.
E, en consonancia co establecido polo Plan de acción 2005-2008, aprobado pola Delegación do Goberno para o Plan nacional sobre drogas e polo Plan de acción da Unión Europea en materia de loita contra a droga 2005-2008, complétanse os obxectivos anteriores con estes outros extraídos do Plan de Galicia sobre drogas 2007-2009:
- Reducir o consumo experimental das distintas drogas entre a adolescencia.
- Reducir o número de consumidores/as habituais de drogas entre a poboación en xeral.
- Reducir os comportamentos de risco relacionados co consumo de alcol e outras drogas.
- Mellorar a calidade da información dos/as adolescentes e mozos/as sobre as drogas e os seus efectos.
- Modificar as actitudes dos/as adolescentes e mozos/as fronte ás drogas.
- Reducir a tolerancia social fronte ás drogas.
- Reducir a dispoñibilidade do tabaco, así como o consumo indebido e abusivo de bebidas alcólicas no contorno social.