texto grande
buscar

Programas e protocolos

1. PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS (PAC)

 

O PAC encádrase na programación asistencial do Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias do Concello do Grove e ten como finalidade mellorar e ampliar a oferta terapéutica do servizo constituíndo un recurso complementario aos distintos programas deste.

O dito programa ofrécelles aos usuarios/as do servizo alternativas para ocupar o seu tempo de lecer con actividades que abranguen distintos niveis de actuación: formativo, lúdico, social, laboral e de saúde. Ao mesmo tempo, proporcionaránselle pautas e estratexias relacionadas con diferentes habilidades sociais e persoais: cumprimento de horarios, normas de hixiene, relacións grupais, etc. Todas elas orientadas a mellorar a calidade de vida dos usuarios/as desta unidade e, moi especialmente, a preservar a súa saúde e a do resto da comunidade.

POBOACIÓN DESTINATARIA:

Son destinatarios/as do programa todos os pacientes da UAD que estean nunha situación que lles permita prestar a atención necesaria nas actividades nas que participe para obter un aproveitamento persoal delas, ao tempo que a súa conduta non inflúa negativamente no correcto funcionamento destas. Os/as pacientes pasarán a formar parte das actividades voluntariamente, ben por iniciativa propia ou por indicación dos terapeutas en canto á idoneidade da súa participación na actividade proposta.

 

OBXECTIVOS:

  • Ofrecerlles aos usuarios/as alternativas para ocupar o seu tempo de lecer.
  • Contribuír ao desenvolvemento de habilidades sociais e persoais.
  • Incentivar e reforzar a autoestima do individuo.
  • Favorecer a interiorización de normas.
  • Realizar actividades formativas que fomenten a promoción persoal.

ACTIVIDADES:

  • Traballos manuais.
  • Informática e mecanografía.
  • Apoio ao estudo.
  • Inglés básico.
  • Taller de prensa.
  • Servizo de biblioteca.
  • Saídas e visitas guiadas: rutas de sendeirismo, visitas culturais, etc.

As actividades adaptaranse ás necesidades dos usuarios/as en canto a horarios e contidos.

 

Podes atopar máis información premendo aquí.

 

2. PROGRAMA ALTERNATIVA

 

Programa de prevención dirixido a mozos/as con denuncias por consumo e/ou posesión de drogas en lugares públicos.

 

A Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, recolle como infracción grave para a seguridade cidadá o consumo e/ou posesión de drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicótropas en lugares, vías, establecementos ou transportes públicos; non obstante, prevé a posibilidade de suspender as sancións se o infractor se somete a un tratamento de deshabituación nun centro ou servizo debidamente acreditado. Esta posibilidade concedida polo lexislador pon de relevo a súa preocupación porque o uso da potestade sancionadora en materia de drogas atenda ademais, dos criterios de represión e retribución, a outros de prevención e tratamento das drogodependencias.

En consonancia co anterior, e tendo en conta a prioridade que dentro das actuacións preventivas se debe conceder ás dirixidas á poboación xuvenil, o PROGRAMA ALTERNATIVA está ideado para que aqueles mozos/as da comunidade galega que teñan unha denuncia por consumo e/ou posesión de drogas en lugares públicos poidan optar por conmutar a sanción correspondente pola participación neste programa formativo, posto en marcha pola Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias (Consellería de Sanidade-Sergas) en colaboración coa Delegación do Goberno en Galicia.

 

POBOACIÓN DESTINATARIA:

 

Os beneficiarios/as do programa deberán cumprir os requisitos seguintes:

1. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia e ser denunciado no seu territorio por consumo e/ou posesión de drogas en lugares públicos.

2.  Ser menor de 28 anos.

3.  Non ser diagnosticado como dependente de drogas.

4.  Non ter sido denunciado con anterioridade por consumo e/ou posesión ou, se o foi, non ter sido nunca beneficiario do programa.

 

OBXECTIVOS:

  • Acadar un número significativo de persoas que vexan substituído o procedemento sancionador pola realización do programa.
  • Mellorar o grao de información e coñecemento dos mozos/as beneficiarios/as do programa sobre as drogas e os seus efectos.
  • Mellorar entre as persoas beneficiarias o nivel de percepción de riscos asociados ao consumo de drogas.
  • Acrecentar entre as persoas beneficiarias as estratexias de afrontamento en situacións de risco asociadas ao consumo de drogas e as habilidades de resistencia á presión.
  • Incrementar a sensibilidade dos pais/nais dos/as menores participantes no programa sobre a necesidade de actividades preventivas e a súa participación e colaboración nelas.

ACTUACIÓNS:

 

O programa básase no desenvolvemento de varias sesións formativo-preventivas sobre as seguintes materias:

  • Recursos de atención ás drogodependencias en Galicia.
  • Lexislación estatal e autonómica en materia de drogas.
  • Conceptos básicos sobre drogodependencias. Información básica sobre drogas. Clasificación e descrición de diversas drogas e os efectos do seu consumo.
  • Análise das causas da conduta de consumo. Definición de crenzas, exposición destas e as súas fontes.
  • Definir e clasificar o proceso de toma de decisións. As consecuencias da nosa conduta. Destrezas básicas de afrontamento, habilidades para rexeitar ofertas de consumo. Contexto de ocio e risco de consumo.

Máis información no teléfono 881 542 997.

 

 3. GRUPO TERAPÉUTICO DE ALCOLISMO

 

A situación de afastamento do noso municipio de núcleos urbanos cunha maior densidade de poboación e, en consecuencia, cunha maior oferta de recursos, dificulta a accesibilidade da poboación a programas de intervención grupal no proceso de deshabituación do alcol.

 

Desde a UAD quéreselles dar resposta ás persoas do concello do Grove e demais concellos limítrofes para que poidan favorecerse dun grupo terapéutico e de autoaxuda para superaren os seus problemas co alcol.

 

Este sector da poboación que fai uso doutros sistemas de saúde para procurar solucións á súa problemática co alcol, sen deixar de ser atendido polos profesionais habituais, pode beneficiarse dunha intervención grupal con profesionais expertos en adiccións e, ao mesmo tempo, servirse da experiencia que as persoas integrantes do grupo de alcolismo, como tales, poden achegar.

 

OBXECTIVOS:

  • Concienciación e identificación do problema como unha patoloxía sobre a que se ten capacidade de acción.
  • Promover unha mellor calidade de vida para as persoas con problemas de alcol e fomentar unhas condicións psicolóxicas que lles permitan continuar con outros programas terapéuticos (farmacolóxicos, sociolaborais, sanitarios, educativos, etc.), proporcionándolles pautas de conduta, habilidades e estratexias que lles faciliten a consecución dos seus obxectivos.
  • Facilitar a situación de abstinencia, previndo as recaídas no consumo de bebidas alcólicas.
  • Incentivar a abordaxe terapéutica sobre os factores relacionados co uso/abuso do alcol e a abstinencia.
  • Superación da enfermidade con reintegración plena na sociedade.

O Grupo de Alcolismo reúnese un día á semana nas instalacións do Servizo Preventivo-Asistencial de Drogodependencias e é conducido por distintos profesionais do equipo.

 

4. GRUPO DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA

5. GRUPO DE FAMILIARES DE PACIENTES

6. PROGRAMA DE CONTROL NUTRICIONAL

axenda SPAD
calendario
mes anterior xuño | 23 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930
noticias SPAD
coñece as
sustancias
espazo
sen fume
quitómetro
deixar de fumar
por correo
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss