texto grande
buscar

Programas e protocolos

1. TRATAMENTOS DE DESINTOXICACIÓN (STD)

 

Consiste nun conxunto de medidas, principalmente farmacolóxicas, encamiñadas á suspensión do consumo de substancias psicoactivas e do tratamento, e á superación da sintomatoloxía de abstinencia.

 

Isto permítelle á persoa drogodependente iniciar un tratamento que a achegue á rede asistencial, pero ten que ser seguida por un tratamento de deshabituación completo para tratar de solucionar a dependencia psíquica e facilitar a reincorporación social do/a paciente.

 

As desintoxicacións poden ser hospitalarias ou ambulatorias, segundo decisión médica e de acordo ás características do/a paciente. A súa duración será variable, aínda que habitualmente prolónganse unha semana.

 

A substancia que máis motiva estes tratamentos son os opiáceos, pero tamén poden ser por alcol, cocaína, ou benzodiacepinas.

 

Obxectivos específicos:

  • Eliminar a dependencia física.
  • Acadar unha orientación ou derivación axeitada a un determinado recurso.
  • Promover no/a paciente unha actitude positiva para continuar o seu proceso terapéutico.

2. DIMINUCIÓN DO DANO (STDD)

 

Inclúense nestes tratamentos distintos talleres destinados a diminuír as prácticas de risco asociadas ao consumo de drogas evitando, por exemplo, contaxios de diversas enfermidades, embarazos non desexados, ou complicacións por unha incorrecta utilización da vía elixida para o consumo (infeccións, sobredose, etc.).

 

Con este criterio, ofrécenselles aos usuarios/as do servizo os seguinte talleres:

  • Taller de sexo máis seguro.
  • Taller de consumo de menos risco.
  • Actividade de intercambio de xiringas.
  • Screening e vacinación de hepatite B.
  • Screening e vacinación de tétanos.
  • Vacinación anti-gripal.
  • Screening de tuberculose (profilaxe, proba de Mantoux).
  • Dispensa de preservativos.

3. PREVENCIÓN DE RECAÍDAS (STPR)

 

Utilízase este termo para deseñar un conxunto de estratexias cognitivas e condutuais destinadas a previr as recaídas no campo das condutas aditivas. Esta definición foi tomada do modelo teórico xa clásico de Marlatt e Gordon e desenvólvense hai máis de vinte anos, buscando o autocontrol no/a paciente para manter o cambio no estilo de vida.

 

Trátase, basicamente, dun programa de autocontrol que combina o adestramento en habilidades condutuais, intervencións cognitivas e cambio no estilo de vida.

 

Este programa é compatible con todos os outros programas que se ofrecen, e pódese aplicar tanto no ámbito ambulatorio como residencial.

 

Obxectivos específicos:

  • Ensinar a identificar situacións de alto risco.
  • Diferenciar caída de recaída.
  • Mellorar o control das consecuencias da recaída: efecto de violación da abstinencia.
  • Manexo de recaídas: estratexias de afrontamento.
  • Desenvolvemento de sistemas de apoio.

4. ASISTENCIA DOMICILIARIA (STAD)

 

Este subprograma ten por obxecto a atención daqueles/as pacientes que non se poden desprazar ao centro asistencial para iniciar ou proseguir o seu tratamento, ben sexa por problemas de saúde ou por dificultades sociofamiliares.

 

Esta modalidade está considerada para casos moi puntuais, e mesmo estará contraindicada para aqueles casos en que non exista un impedimento claro para acudir ao servizo.

 

Obxectivos específicos:

  • Favorecer unha maior integración familiar tratando o caso no seu medio.
  • Posibilitar o principio de continuidade terapéutica: o/a paciente poderá seguir o tratamento no seu domicilio cando as circunstancias de saúde ou sociofamiliares impidan ou desaconsellen o seu desprazamento ao centro asistencial.
  • Mellorar a calidade de vida.
axenda SPAD
calendario
mes anterior setembro | 22 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930
noticias SPAD
coñece as
sustancias
espazo
sen fume
quitómetro
deixar de fumar
por correo
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss