galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Seguridade

mércores, 28 de outubro de 2020
"O CONCELLO DO GROVE INFORMA DAS NORMAS DE SEGURIDADE NA CELEBRACIÓN DE TODOS OS SANTOS E DEFUNTOS"
foto

As instrucións son as aplicadas en toda a Comunidade Autónoma.

 

O Concello do Grove comezará hoxe a informar sobre as medidas de seguridade que deberán observarse os próximos 1 e 2 de novembro á hora de acudir ao cemiterio municipal co gallo da celebración do Día de Todos os Santos e de Defuntos. O obxectivo é evitar aglomeracións de persoas e garantir o acceso seguro a este espazo. As referidas medidas axústanse ao protocolo establecido da Xunta de Galicia, de tal xeito que se garante un horario de apertura amplo do recinto para que os visitantes poidan acudir en distintos horarios. Aconséllase que a duración das visitas non sexa superior a 30 minutos e, se se vai acudir en grupos, que estes non superen o máximo de catro persoas (da mesma familia ou conviventes).

 

Ademais disto, establecerase un sistema de circulación de persoas cun circuíto de saída e entrada do cemiterio, tal e como xa se fai en todos os espazos públicos. No acceso garantirase a dispoñibilidade de dispensadores de xel hidroalcólico, se ben se incide en que os usuarios fagan uso do seu xel propio. Como se fai nos colexios e nos parques, o Concello establecerá unha coidada limpeza e desinfección do espazo, ademais de garantir a existencia dun número adecuado de colectores para os residuos de xeito espazado.

 

Todo o anterior súmase ás medidas habituais de distancia interpersoal e ao uso obrigatorio de máscara, ademais do establecido na nosa comunidade no relativo á limitación de grupos e á prohibición de fumar en lugares públicos. O Concello informará por todos os medios posibles destas medidas para que toda a veciñanza estea informada ao respecto.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior novembro | 20 mes próximo
LMMXVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss