galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

venres, 18 de xaneiro de 2019
"O Concello do Grove convoca a VIII edición do Concurso de Fotografía ‘A Muller Traballadora’"

Increméntase a contía dos premios a 350, 250 e 150 €.

Establécese un premio especial de 150,00 € para o impulso da promoción da muller

 

O Concello do Grove convoca a VIII edición do Concurso de Fotografía “A Muller Traballadora” cuxas bases se comezarán a distribuír a partir do venres 18 de xaneiro.

 

Este concurso realízase con motivo do Día Internacional da Muller, no que se conmemora a loita das mulleres pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoas, e está  centrado no ámbito do traballo, co que se pretende, a través das imaxes, reflectir os logros das mulleres en calquera eido.

 

Neste concurso establécense tres premios, cuxa contía se incrementou en 50 euros con respecto ás anteriores edicións:

 

1º premio: 350 €

2º premio: 250 €

3º premio: 150 €

 

Outra novidade é que este ano se establece un novo premio de 150,00 € para o Impulso á promoción da muller, destinado á fotografía que promova a igualdade, o desenvolvemento profesional e o liderado das mulleres na súa incorporación a postos de responsabilidade e dirección.

 

No concurso poderá participar calquera persoa física maior de idade que presente unha obra súa, orixinal e inédita. Cada autora ou autor poderá presentar un máximo de tres fotografías en formato impreso ou dixital.

 

As fotografías deberán ser orixinais e non premiadas noutros concursos. Poderán presentarse en vertical ou en horizontal e admitiranse fotos en cor e en branco e negro, quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.

 

As bases, que se poderán consultar na páxina web do Concello do Grove a partir do venres 18, establecen como prazo límite de presentación das obras o venres 22 de febreiro de 2019. Nese mesmo mes reunirase un xurado, composto por integrantes do Consello Local da Igualdade e  por profesionais relacionados co mundo da arte e da fotografía, para a selección das imaxes recibidas.

 

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss