galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Medio Ambiente

luns, 22 de xaneiro de 2018
"O CEIP Conmeniño acolleu un obradoiro de sensibilización sobre reutilización de téxtil usado"
foto

 

O taller foi impartido pola ONG Humana, que conta con puntos de recollida no Concello do Grove.

 

O Colexio Conmeniño acolleu a pasada semana un obradoiro de sensibilización sobre a importancia da prevención de residuos e a reutilización de téxtil usado. A actividade denomínase “Hai roupa tendida”, e nela 44 nenos e nenas de 3º e 4º de primaria que participaron activamente na proposta.  A actividade consistía en confeccionar monicreques a partir dun calcetín, anacos de tea, botóns e lá; tamén aprenderon a elaborar unha bolsa a partir dunha camiseta reutilizada.

 

O principal obxectivo deste obradoiro é difundir a importancia da prevención de residuos e a reutilización do téxtil usado, a súa relación coa sustentabilidade global, a protección do medio ambiente e a cooperación ao desenvolvemento. Tamén persegue achegar a problemática ambiental e social, relacionada coa roupa a un público familiar, así como os beneficios de adquirir hábitos de prevención e reutilización, e fomentar a súa participación e colaboración.

 

Esta iniciativa forma parte do programa de sensibilización de Humana, como complemento ao labor de recollida téxtil usado que Humana realiza no Grove.

 

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior xaneiro | 20 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss