galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Educación

viernes, 4 de septiembre de 2020
"[GALEGO] O CONCELLO DO GROVE REÚNESE CON DOCENTES E ANPA E CONFIRMA O TOTAL ABANDONO DA XUNTA DE GALICIA DOS CENTROS PÚBLICOS"
foto
[GALEGO]

 

Na reunión mantida onte concluíse que a volta ás aulas require dun grande investimento económico que a Xunta non vai sufragar.

 

Tal e como se tiña anunciando, o Concello do Grove mantivo onte unha mesa de traballo na que estiveron presentes os directores e directoras dos centros educativos públicos locais e representantes das súas ANPA. Esta reunión serviu para confirmar os temores que xa se estaban manifestando estas semanas relativos ao total abandono que o Goberno autonómico —titular das competencias en Educación— cara aos centros educativos públicos. Segundo informaron os responsables dos centros educativos, a Xunta estableceu o comezo das clases o vindeiro día 10 de setembro e, antes desa data, requírese que cada centro educativo transmita o protocolo de actuación ante a Covid-19, que deberá axustarse a unhas normas xerais que a Xunta de Galicia publicitou hai tan só unhas semanas. O dito protocolo trasládalles a responsabilidade da volta ás aulas aos directores dos centros, algo que resulta, cando menos, excesivo para os docentes.

 

Entre as principais preocupacións atópase o feito de que se exixe que se realicen dúas desinfeccións diarias dos centros (inicialmente eran tres, pero reducíronse a dúas) e, segundo se lles traslada aos centros, esas limpezas deberán ser realizadas polo Concello. O rechamante deste asunto é que os Concello do Grove non ten ningún tipo de comunicación ao respecto e, de feito, a única solicitude para realizar esta actuación é a que onte lle trasladaron os responsables dos centros educativos. A día de hoxe os presupostos municipais destinan 130.000 euros ás limpeza dos colexios da localidade, a segunda limpeza proposta (informalmente ata agora) pola Xunta de Galicia supón un incremento nesta partida de máis de 40.000 euros. Os fondos municipais son fundamentais para manter en boas condicións xerais os centros, e ter que dedicar estes a algo conxuntural como a Covid podería supoñer graves prexuízos nas boas condicións dos edificios.

 

Ademais deste feito, os centros levan ao redor duns dous mil euros de media cada un para a implementación doutras medidas, como a sinalización ou a adaptación de aulas, sen que se modificaran os seus orzamentos, o cal resulta claramente inviable. Alén de todo isto, a Xunta de Galicia, inda vivindo unha situación de pandemia, mantén o criterio da ratio de 25 alumnos e alumnas por aula, e incluso se produce o paradoxo de que no C.P. Rosalía de Castro se reduce un docente e dous grupos de terceiro curso, deixando unha única aula de 25 estudantes, algo que resulta, como mínimo, vergoñento no momento actual. É necesaria a redución da ratio de alumnado por aula e a contratación de profesorado para garantir que a rapazada conte cun espazo de seguridade adecuado dentro das aulas.

 

Ante esta situación, o Concello do Grove informou de que non está disposto a pagar os gastos derivados do protocolo Covid-19 da Xunta Galicia, xa que estes son responsabilidade do Goberno autonómico, quen deberá asumir estes custos. Non podemos perder de vista que Educación da Xunta de Galicia recibiu fondos directos do Goberno central para este fin e debe aplicalos nos centros educativos públicos, nos que é claramente unha necesidade urxente. O Concello do Grove leva anos asumindo custos que son responsabilidade do Goberno autonómico en distintas áreas (limpeza, servizos sociais, urbanismo...) e isto xa supón unha verdadeira “tomadura de pelo” para os gobernos municipais.

 

Dende a Xunta de Galicia adóptanse protocolos (á súa conveniencia), pero non se financia a súa aplicación, deixando caer as responsabilidades nos Concellos e nos docentes. Dende o Concello do Grove dise “basta xa” a esta neglixencia e deixadez de funcións, especialmente nunha situación de tanta gravidade como a que estamos vivindo.

 

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

agenda

calendario
mes anterior octubre | 20 mes próximo
LMXJVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss