galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Turismo

jueves, 3 de septiembre de 2020
"[GALEGO] O CONCELLO DO GROVE MANTÉN DATOS POSITIVOS NAS VISITAS Á OFICINA DE TURISMO DURANTE O MES DE AGOSTO"
[GALEGO]

 

A pesar das restricións, que só permiten atender as persoas individualmente, os datos creceron de xeito notable durante o último mes.

 

A oficina de turismo do Grove ten rexistrados os datos relativos ao último mes e acadou 1.714 consultas, o que suma un total (no que vai de ano) de 5.209 visitantes. Obviamente, as limitacións aplicadas para evitar o coronavirus reduciron o número de persoas que puideron ser atendidas. Deste xeito, as normas establecidas supuñan que só se podía atender os visitantes de un en un no interior da oficina da praza do Corgo, ademais de non poder facilitar material físico de xeito directo (só recollido por cada persoa) e ter que desbotar o material consultado no lugar.

 

Así pois, como se pode observar na gráfica de evolución que recolle os datos acumulados en agosto dende 2012, malia que son baixos non supoñen un descenso tan grande tendo en conta a situación actual e todo o período de corentena no que a oficina tivo que estar pechada por completo, xunto co atraso administrativo na contratación de persoal, derivado do estado de alarma.

 

Redes sociais

 

Como resposta ante os cambios na xestión da información sufridos durante a pandemia, e seguindo unha liña de traballo xa iniciada anos atrás, tense feito un especial esforzo na xestión das redes sociais de turismo (Facebook, Twitter e Instagram). O bo facer do persoal da oficina de turismo permitiu mellorar os datos destas, ao tempo que se facilitou información directa aos usuarios e usuarias que o solicitaron por estas vías. Deste xeito, no momento actual o Facebook de Turismo O Grove conta con 4.367 seguidores e conseguiu 4.201 “Gústame” en agosto. No referido a Twitter, son 2.847 seguidores e en Instagram (creada máis recentemente) 2.027 as persoas que a seguen.

 

Xa que logo, o balance do mes de agosto en termos de visitas turísticas resulta positivo a pesar da situación, e aínda que a xestión resultou complexa en termos de control de máscaras ou de ocio nocturno, O Grove conseguiu manter unha imaxe de seguridade e tranquilidade, que era o obxectivo primordial nesta temporada. Do mesmo xeito, e tal e como se anunciou con anterioridade, séguese traballando para a promoción turística que permita non perder a presenza mediática e manter o recoñecido prestixio nacional e internacional da Festa do Marisco, malia que este ano non se poida celebrar o vindeiro outubro.

Webcam en Directo

agenda

calendario
mes anterior octubre | 20 mes próximo
LMXJVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss