Un ano máis, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, o Concello do Grove pon en marcha o Plan Madruga no CEIP Valle-Inclán durante o próximo curso escolar, cun horario desde as 7.30 horas ata o inicio das clases. O programa segue todos os protocolos para previr a Covid-19.
Durante este tempo, os asistentes disfrutarán de xogos cooperativos, manualidades e actividades de ocio.
Quen queira inscribir os seus fillos ou fillas neste servizo municipal, pode realizar a inscrición no Rexistro do Concello, situado no edificio administrativo municipal, en horario de 9.00 a 14.00 h, de luns a venres.