A Concellería de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística ten entre os seus obxectivos prioritarios o fomento e a difusión no noso municipio de todo tipo de actividades culturais e o apoio a iniciativas artísticas de persoas, colectivos ou asociacións.
Asemade, entendemos que non podemos esquecer as nosas orixes, xa que só coñecendo o pasado podemos vivir con plenitude o presente. É por ese motivo que tamén traballamos arreo na procura da recuperación, recoñecemento e conservación do noso patrimonio, representado non só polos monumentos e edificacións que foron permanecendo ao longo do tempo, senón tamén por esoutro patrimonio vivo e inmaterial que nos dá identidade como pobo, a nosa lingua.