galego | español
texto grande
buscar
CONCELLO > SERVIZOS MUNICIPAIS > CONSUMO - OMIC > PRESENTACIóN

Consumo - OMIC

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) é un servizo público de atención á cidadanía pertencente ao Concello do Grove e dependente do Instituo Galego de Consumo, da Xunta de Galicia.

 

Os consumidores e consumidoras poden realizar todo tipo de  consultas e reclamacións sobre temas de consumo, o servizo é totalmente gratuíto.

As funcións da OMIC están establecidas na Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, no seu artigo 14.º:

  • Información, axuda e orientación aos consumidores e usuarios para o exercicio dos seus dereitos.
  • Indicación de enderezos doutros centros públicos ou privados de interese para o consumidor.
  • Recepción e rexistro de queixas e reclamacións dos consumidores e remisión destas ás entidades e organismos correspondentes.
  • En xeral, a atención, defensa e protección dos consumidores e usuarios.

 

Desde a OMIC realízanse tarefas de educación e formación en materia de consumo, promovendo a formación dos consumidores e consumidoras, tanto da xente miúda (a través de actividades na escola) como da mocidade e dos/as adulta/as, mediante a realización de cursos, coloquios, obradoiros, xornadas, publicacións, etc.

 

Sempre que necesite información, asesoramento, presentar unha reclamación, queixa ou denuncia, pode dirixirse ás nosas oficinas.

 

Ligazón de interese: Instituto Galego de Consumo

axenda

noticias

perfil do
contratante

observatorio
tic

o tempo

HOXE MAÑÁ
chubasco case_cuberto
20 ºC 16 ºC 22 ºC 15 ºC
fonte: Meteogalicia

enquisa


Que lle parece a nova web?

 Moi boa
 Boa
 Mala
 Moi mala

votar

avisos sms

logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss