Enderezo |
Edificio Administrativo Municipal Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3, 3º andar 36980 O Grove
|
Teléfono |
986 733 190 |
Correo electrónico |
|
www.facebook.com/snlconcellodogrove |
O Concello do Grove conta cun Servizo de Normalización Lingüística (SNL) para promover a galeguización dos seus servizos e poñer en marcha programas dirixidos á cidadanía, co fin de implicala neste proceso.
O SNL ten como obxectivo fundamental acadar a normalización da lingua galega. O seu labor consiste en potenciar o uso e aumentar o prestixio do galego na Administración local e en todos os ámbitos da vida municipal.
Funcións do SNL
O SNL atende tanto o aspecto organizativo da Administración local como as necesidades lingüísticas do conxunto da poboación. Así pois, a súa actividade céntrase en tres eidos fundamentais: asesoramento, formación e dinamización.
Asesoramento
Formación
Dinamización
O Concello do Grove, a través do seu SNL, pertence desde xaneiro de 2013 á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia (RDL)
Síguenos en
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove foi subvencionado en 2019 para o seu mantemento cunha subvención da Deputación de Pontevedra de 15.000,00 €.
O SNL do Concello do Grove tamén foi subvencionado en 2019 para o seu mantemento cunha subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia de 5.450,00 €.