Lingua

O Concello do Grove conta cun Servizo de Normalización Lingüística (SNL) para promover a galeguización dos seus servizos e poñer en marcha programas dirixidos á cidadanía, co fin de implicala neste proceso.
O SNL ten como obxectivo fundamental acadar a normalización da lingua galega. O seu labor consiste en potenciar o uso e aumentar o prestixio do galego na Administración local e en todos os ámbitos da vida municipal.
Funcións do SNL
O SNL atende tanto o aspecto organizativo da Administración local como as necesidades lingüísticas do conxunto da poboación. Así pois, a súa actividade céntrase en tres eidos fundamentais: asesoramento, formación e dinamización.
Asesoramento
- Corrección documental
- Tradución de textos breves
- Asesoramento lingüístico
- Mellora da calidade lingüística e comunicativa dos textos escritos
- Normalización da imaxe lingüística da entidade
- Deseño de modelos da documentación formal do Concello (formularios, carteis, actas, facturas, etc.).
- Contribución na elaboración dun modelo de regulamento do uso do galego na entidade local e promoción da súa posta en práctica
- Fixación de criterios lingüísticos propios
Formación
- Planificar, xestionar e difundir a realización de cursos de lingua galega, tanto para o persoal ao servizo do Concello como para a poboación en xeral
- Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, ferramentas e recursos lingüísticos...
- Detectar as necesidades formativas do cadro de persoal do Concello para deseñar un programa de formación lingüística
Dinamización
- Promover campañas e accións encamiñadas a dinamizar o uso do galego nas actividades cotiás da cidadanía en todos os ámbitos e rachar cos prexuízos lingüísticos que impiden o uso habitual da lingua galega en certos sectores
- Coordinar actuacións con outros servizos lingüísticos ou entidades que persigan os mesmos fins normalizadores
- Difundir e xestionar liñas de axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego
- Promover e coordinar grupos de persoas interesadas na normalización que funcionarán como axentes normalizadores entre a cidadanía