galego | español
texto grande
buscar
CONCELLO > SERVIZOS MUNICIPAIS > FACENDA > PRESENTACIóN

Facenda

A administración financeira do Concello correspóndelles aos departamentos de Intervención e Tesourería. O servizo de Intervención desenvolve as seguintes actividades:

  • Fiscalizar todos os actos, documentos e expedientes que dean lugar ao recoñecemento de dereitos e obrigacións de carácter económico.
  • Ordenar os ingresos e pagamentos que se derivan dos actos anteriores.
  • Intervir os ingresos e fiscalizar todos os actos de contido económico.

 

Dependente de Intervención é o servizo de Rendas, que basicamente se encarga de:

  • Liquidar os ingresos municipais (impostos, taxas, prezos públicos e outros ingresos).
  • Realizar as propostas de resolución dos recursos interpostos contra os ingresos municipais en período voluntario.
  • Controlar as altas, baixas e modificacións dos rexistros
  • Rexistrar os cambios de domicilios para os efectos de notificacións.

 

O departamento de Tesourería ten como funcións principais as seguintes:

  • Manexar e controlar os fondos, valores e efectos do Concello.
  • Realizar os cobramentos e pagamentos que lle corresponden ao Concello.
  • Exercer a xefatura do servizo de Recadación, establecendo os procedementos recadatorios, autorizando os pregos de cargo de valores que se lles entregan aos recadadores e axentes executivos, ditando as providencias de prema nos expedientes deste carácter e autorizando, cando for necesario, a poxa dos bens embargados.
  • Dependente da Tesourería, o servizo de Recadación encárgase de realizar o proceso de cobramento dos tributos, prezos públicos e outros ingresos, e de realizar as propostas de resolución dos recursos interpostos contra os tributos en vía executiva de constriximento.

 

O cobramento dos tributos efectúase por dúas vías:

  • En período voluntario: dentro dos prazos legalmente establecidos, recollidos no calendario do pagamentos.
  • En período executivo: unha vez rematado o prazo voluntario, sen que se tivese satisfeita a débeda, iníciase o período executivo. Antes de que sexa ditada a providencia de constrinximento, o pagamento incluirá un 10% de recargo, pero se xa foi notificada, o recargo será do 20%, máis os xuros de mora devindicados e as custas que procedan.

 

Os pagamentos en período voluntario poden realizarse mediante dúas fórmulas:

  • Liquidacións, a través das contas abertas nas oficinas bancarias colaboradoras.
  • Recibos, nas oficinas bancarias e tamén directamente na oficina de Recadación.
  • Para evitar molestas esperas, recoméndase a primeira opción, é dicir, a domiciliación dos recibos nas entidades bancarias.

 

axenda

noticias

perfil do
contratante

observatorio
tic

o tempo

HOXE MAÑÁ
chubasco case_cuberto
20 ºC 16 ºC 22 ºC 15 ºC
fonte: Meteogalicia

enquisa


Que lle parece a nova web?

 Moi boa
 Boa
 Mala
 Moi mala

votar

avisos sms

logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss