Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder
No lugar dos Campos, na parroquia de San Vicente, encóntrase a casa da cultura, dedicada ao mestre de escola Ángel Vázquez Hereder, onde teñen lugar actividades diversas como exposicións, cursos, xornadas, concertos musicais, representacións teatrais e todo tipo de producións culturais.
Conta tamén cun espazo propio destinado a biblioteca pública.
Horario de verán (ata o 16 de setembro): de 9.00 a 14.00 h, de luns a venres