galego | español
texto grande
buscar
CONCELLO > SERVIZOS MUNICIPAIS > IGUALDADE E BENESTAR > CIM

 

Quen somos?

 

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) é un servizo do Concello do Grove que presta información, asesoramento e intervención en aspectos sociais, psicolóxicos e xurídicos.

Todos os servizos préstanse gratuitamente e baixo a máis estrita confidencialidade.

 

Está formado por unha directora e psicóloga e unha asesora xurídica.

 

Que facemos?

 

  • Información e asesoramento xurídico.
  • Atención psicolóxica.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  • Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tivesen competencias en materia de muller.
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas que se programen do seu ámbito territorial, así como as actividades e servizos desenvolvidos polo SGI
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Atención específica a mulleres víctimas de violencia de xénero.
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
  • Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  • Calquera outra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

 

Onde estamos?

 

No Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul)

Castelao, 173, 1.º andar

 

Teléfono: 986 730 900

Fax: 986 733 902

correo electrónico: cim@concellodogrove.com

 

Cal é o noso horario?

 

Información e atención xeral: de luns a venres, de 8.00 a 13.00 h

Asesoramento xurídico: luns, de 14.00  a  20.00 h

Atención psicolóxica:  martes, mércores e xoves, de 13.00 a 15.00 h

 

              

axenda

noticias

perfil do
contratante

observatorio
tic

o tempo

HOXE MAÑÁ
nubes_altas nubes_altas
27 ºC 14 ºC 26 ºC 15 ºC
fonte: Meteogalicia

enquisa


Que lle parece a nova web?

 Moi boa
 Boa
 Mala
 Moi mala

votar

avisos sms

logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss