galego | español
texto grande
buscar

Xuventude (Ocio e tempo libre)

Actividades de ocio e tempo libre

 

Actividades propias do Concello

  • Escola de verán: consiste nunha serie de actividades que teñen en común a educación non formal dentro do marco do tempo libre e que están dirixidas a rapaces e rapazas de entre 3 e 12  anos  en temporada de vacacións escolares, basicamente, no verán.
  • Obradoiros para a mocidade: realízanse en diferentes épocas do ano.

 

Campaña de Verán da Xunta de Galicia (www.xuventude.net)

A Campaña de Verán ofrece a posibilidade de que a mocidade poida participar, individualmente ou en grupo, nalgún dos seguintes programas:

  • Programas de actividades que se realizarán en Galicia. Campamentos dirixidos a mozos de 9 a 17 anos
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas. Campamentos dirixidos a mozos de 9 a 17 anos
  • Campos de traballo en Galicia
  • Campos de traballo noutras comunidades autónomas
  • Campos de traballo no estranxeiro
  • Actividades de verán para mozos de 18 a 30 anos
  • Distintos programas de ocio e tempo libre que convoca a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

 

Campamentos de Verán 

Infórmate premendo aquí.

 

Viaxar pola túa conta 

Estas son algunhas páxinas de interese:

  • Interrail www.inter-rail.org. É un pase co que podes percorrer toda Europa en tren. Ten distantas modalidades e é válido para todas as idades, aínda que con prezos distintos en función da idade que teñas e o número de países que queiras visitar. Hai que cumprir una serie de requisitos para poder usar o interrail, o máis importante é ser residente nalgún país dos que participan na ofertren
  • Tren. www.renfe.es
  • Portal viaxar por Europa. É un novo portal oficial da Unión Europea para quen viaxe a calquera dos países da UE.

 

Carnés de interese  www.xuventude.net

  • O Carné Xove é unha tarxeta persoal e intransferible a disposición da mocidade galega, que a acredita como tal e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove.

      Beneficiarios/as:  todos aqueles mozos e mozas de 12 a 30 anos, ambos os dous

      incluídos.

      Para obtelo é preciso cubrir  un impreso, presentar o DNI e pagar 6 €.

      O Carné Xove ten unha vixencia de dous anos. Este pódese expedir como modelo

      clásico ou como modelo combinado coa tarxeta bancaria.

      Con el podes conseguir vantaxes en diferentes bens e servizos que abranguen

      todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercio, ensino. Así

      mesmo, quen posúa o carne xove ten un seguro gratuíto que cobre o maior

      número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poder facerlles

      fronte aos imprevistos qe poidan xurdir nas viaxes.

  • Carné Internacional de Estudiante (ISIC). Carné que emite o Instituto Nacional da Xuventude e que pode solicitar calquera mozo ou moza estudante a partir de 12 anos.

      Vantaxes:  descontos no transporte, tarifas de estudante en visitas a lugares

      culturais e históricos, acceso a unha rede de organizacións especializadas en

      servizos para estudantes, unha liña de axuda en caso de emerxencia ou de

      necesidade de atención xurídica ou médica, acceso a un servizo mundial de

      telecomunicacións...

Recoñecido internacionalmente e válido para utilizar en todos os albergues nacionais e estranxeiros. Indispensable para utilizar nos Albergues de Real Rede Española de Albergues Xuvenís.

      Este carné pode facelo calquera persoa, xa sexa categoría mozo (menor de 30

      anos), adulto (30 anos ou máis), familia ou grupo.

      Para solicitalo só se precisa presentar o DNI ou pasaporte e o aboamento do seu

      importe (segundo a categoría). As asociacións xuvenís poden conseguilo

      gratuitamente.

  • Carné Internacional Xove Go <25.  Destinado a mozos menores de 26 anos non estudantes. Este carné permite obter descontos e vantaxes nos servizos de aloxamento e transporte que ofrecen as organizacións que forman parte da FIYTO.

      É válido por un ano desde a súa expedición, e para obtelo é necesario presentar o

      DNI, unha foto e pagar 6 €.  É administrado pola ISTC.

      Máis informacion : International Student Travel Confederation (ISTC): 

      www.istc.org

      Federation of International Youth Travel Organisations www.fiyto.org

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior xaneiro | 22 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss