Carlos Álvarez Besada (primeiro tte. de alcalde)
Benvidos á páxina web da Primeira Tenencia de Alcaldía. As concellerías de Igualdade e Benestar, así como a Concellería de Vivenda e Solo do Concello do Grove crean este espazo para facilitarvos a información e os medios que precisedes para manter unha comunicación directa con esta administración, con este novo goberno que procura, sobre todo, que non haxa ningún veciño nin veciña que se sinta desatendido pola nosa parte. A cidadanía elixiu un cambio de xestión e de información nas cuestións gobernativas e iso é o que queremos facer con esta web, transparencia e goberno para todos e para todas. Nestes departamentos propóñome facer un cambio para que toda a cidadanía goce dun mellor benestar, para que as mulleres e os homes do Grove participen activamente nas tarefas de goberno opinando e colaborando activamente no día a día, e así poder ter unha sociedade máis dinámica, máis asociada e menos dividida ou enfrontada; en definitiva, para acadar unha igualdade de oportunidades plena.
Como nacionalista quero que a nosa veciñanza se sinta orgullosa do seu Concello, pero tamén de ser galegos e galegas, por iso garantimos a participación plena coa Xunta de Galiza para acadar mellores éxitos nas nosas xestións.
Participa connosco nestes novos tempos.
Correo electrónico: ttealcaldia@concellodogrove.com