Estatuto de Autonomía de Galicia
O Estatuto de Autonomía de Galicia é a norma institucional básica da Comunidade Autónoma de Galicia.
No ámbito da Constitución Española de 1978, o Estatuto de Galicia recoñécelle a esta comunidade autónoma a súa condición de nacionalidade histórica.
Afirma que os poderes da comunidade autónoma se basean no Estatuto, a Constitución e o pobo galego.
Establece un marco democrático de solidariedade entre todos os integrantes do pobo galego.