galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Educación

xoves, 9 de xullo de 2020
"O CONCELLO DO GROVE SOLICITA QUE EDUCACIÓN NON REDUZA O PROFESORADO NO CEIP CONMENIÑO"

A Consellería comunicou a unificación da aula de primeiro e segundo ano de educación primaria, eliminando un docente deste nivel.

 

O alcalde do Grove remitiulle onte unha carta á Consellería de Educación na que solicita que esta entidade cambie os seus plans para o vindeiro curso con respecto ao CEIP Conmeniño. A idea é que nese centro se unifiquen as clases de primeiro e segundo ano de primaria, de tal xeito que os 14 nenos que acceden este ano e os 5 que deberían pasar a segundo ano estarían xuntos na mesma aula. Isto supón a eliminación dun docente e a perda (por ratio de alumnos) da figura do xefe de estudos, o que suporía un incremento do traballo administrativo da Dirección e da Secretaria do centro, ademais do empeoramento de ratios do colexio.

 

Dende o Concello do Grove queren unirse á demanda de docentes, pais e nais dese colexio ao entender que, a pesar de que a norma poida permitir realizar esa unificación, esta pretende aplicarse no peor momento posible. Na actual situación sanitaria a prioridade de cara ao vindeiro curso debería ser reducir o número de estudantes por aula, non aumentalo, tendo en conta as necesidades hixénico-sanitarias e de seguridade por riba dos datos “matemáticos”. Ademais disto, non podemos perder de vista que a nosa rapazada leva máis de tres meses sen docencia presencial, polo que o vindeiro curso precisarán unha maior atención e reforzo para garantir unha correcta reincorporación ás aulas.

 

Por todo isto, dende o Concello do Grove reclámase que a Consellería non aplique esta medida e priorice a saúde, a seguridade e, por suposto, a boa calidade da educación das nosas cativas e cativos fronte a criterios económicos ou de organización.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior agosto | 20 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss