galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

luns, 9 de decembro de 2019
"O Concello do Grove organiza unha variada programación para gozar do Nadal"

 

O Concello do Grove organizou para as vacacións de Nadal unha ampla e atractiva programación de actividades e actuacións para todas as idades, coa finalidade de que grandes e pequenos gocen destas festas. Trátase de ofrecer un ambicioso calendario que mestura espectáculos de teatro, maxia, cine, obradoiros, exposicións, fomento do galego e outras sorpresas para aproveitar ao máximo as vacacións do Nadal.

Para fomentar a lectura e o uso do idioma entre a infancia púxose en marcha a iniciativa “Carta aos Reis Magos”,  para a cal se repartirán entre centros educativos da vila un modelo de carta en galego deseñada e ilustrada polo grovense Anxo Rodríguez para que poidan pedir os seus agasallos. As cartas poderanse entregar aos carteiros reais ou depositalas na Caixa do Correo instalada na biblioteca municipal do Grove

Do 4 de decembro ao 10 de xaneiro pódese visitar na Sala das Cunchas e na Sala das Dornas da Casa do Concello a exposición do VII Certame de Pintura Ernesto Goday. O 15 de decembro ás 12.00 h, na sala das Cunchas da Casa do Concello, terá lugar o acto de entrega do VII Premio do concurso de Pintura Ernesto Goday.

O 14 de decembro, a partir das 12.00 h, a sala das Cunchas da Casa do Concello acollerá o acto de entrega do XXV Premio Manuel Lueiro Rey.

Así mesmo, ata o 20 de decembro, a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acolle a residencia do grupo local Xarope Tulú, co ensaio da súa nova obra “Rilla, rilla”. A estrea da obra para o público xeral será o venres 20 cunha tarde en familia na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey e a entrega dos premios do XXI Concurso e Postais de Nadal. Pero, antes diso, o alumnado do CEIP Rosalía de Castro terá o privilexio de asistir en primicia á posta en escena da obra os días 17 e 18 de decembro.

Do 17 ao 30 de decembro a rúa Castelao acollerá a exposición “Ilustrando as historias do noso día a día”, unha mostra que permite dar a coñecer a nosa historia a través do humor dos artistas Gogue e Luis Davila. A súa inauguración será o martes 17 ás 19.00 h na rúa Castelao e contará con varias sorpresas. 

Os días 23 e 30 de decembro a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey ofrecerá o ciclo de “Cinemas de Nadal”. Proxectaranse as películas Aladdin e Toy Story 4 a partir das 18.00 h, dirixidas a todos os públicos e con entrada libre ata completar a capacidade.

Os días 27 e 28 de decembro desenvolverase na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey un certame de maxia en familia coas actuacións de magos recoñecidos a nivel nacional. O venres 27 o Mago Linaje achegará a todo o público Maxia divertida, un espectáculo dinámico e divertido conducido por un mago que sorprenderá, non só polos seus variados e sorprendentes efectos máxicos, senón tamén polo seu personaxe e sentido do humor. Nesta xornada entregaranse os premio aos mellores lectores e lectoras do ano. O sábado 28 será a quenda do espectáculo A Maxia do Nadal, a cargo do mago Julianini.

O sábado 28 ás 12.00 a Apalpadora visitará a rúa Castelao para repartir landras e ilusión, dentro da programación “Nadal en Galego”, organizada pola Deputación de Pontevedra.

O domingo 29 vólvese a organizar a Carreira San Silvestre Escolar do Grove, a partir das 10.30 h na praza do Corgo.

Cabalgatas e visita do Carteiro Real

Ademais de todo o anterior, tamén hai que sumar as cabalgatas de Papá do Nadal e dos Reis Magos, o 24 de decembro e o 5 de xaneiro, así como a visita do Carteiro Real ás casas de cultura do Grove o día 2 e San Vicente o 3 de xaneiro. A cabalgata de Papá do Nadal saíra ás 19.00 h desde a ponte da Illa da Toxa, e percorrerá as rúas Castelao, da Praza, Beiramar, Luís Casais e Castelao. No caso da cabalgata dos Reis Magos, sairá ás 18.00 h desde o colexio Valle-Inclán ata a praza do Corgo, onde ademais do habitual saúdo á vila do Grove, se lles ofrecerá unha recepción ás súas maxestades e unha chocolatada.

Máis iniciativas

Do 20 ao 23 de decembro os Grovemakers desenvolverán na rúa Castelao un mercado de Nadal coa oferta dos seus produtos e actividades durante toda a fin de semana.

Así mesmo, a asociación Emgrobes tamén ofrecerá propostas para as familias, como un obradoiro de adornos de Nadal con feltro o 21 de decembro na Praza de Arriba, a visita do Papá de Nadal aos comercios e a Gran Nevada o 2 de xaneiro na praza do Corgo.

Carteis e programas

O Concello do Grove editou para as datas de Nadal carteis e programas de man con todas as iniciativas e actividades, que se repartirán a vindeira semana nos centros de ensino da vila e nos comercios.

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior agosto | 20 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss