galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Rede de Bibliotecas do Grove

luns, 4 de novembro de 2019
"O Concello do Grove inicia esta semana os talleres de animación á lectura "

 

O Concello do Grove inicia esta semana os talleres de animación á lectura que se desenvolverán na biblioteca municipal do Grove e na Axencia de Lectura de San Vicente de novembro de 2019 a maio de 2020.

 

O mércores 6 de novembro, a partir das 18:30 h, iniciarase a “Hora do conto” na Axencia de Lectura de San Vicente co obxectivo de lle achegar a lectura á rapazada dunha maneira lúdica e descubrir o mundo a través dos contos.

 

O xoves 7 de novembro comezará o Taller de lectura, no que participan 17 mulleres. Esta actividade, ademais de potenciar a lectura e o coñecemento da literatura, pretende facilitar a socialización das participantes, o crecemento persoal e mellorar a súa calidade de vida dándolles a coñecer a Biblioteca como un equipamento que lles ofrece uns recursos e servizos axeitados ás súas necesidades e intereses e vinculalas a novas contornas, facilitándolles diferentes vivencias e experiencias tales como encontros con autoras e autores, actividades literarias contextualizadas nas propias contornas e o coñecemento da cultura a través de actividades lúdicas. Nesta apertura do taller recibirán a visita da historiadora da arte Alma Rodríguez, quen lles ofrecerá un percorrido polo seu traballo de investigación sobre a figura e obra do pintor “Ernesto Goday”.

 

O venres 8 de novembro iniciarase na Biblioteca Municipal do Grove unha nova edición da actividade “Coñecendo e gozando da biblioteca”, na que participan 50 alumnos de infantil e de primaria dos diferentes centros educativos da localidade. Estes talleres de animación á lectura pretenden espertar a imaxinación e a creatividade mediante os recursos que ofrece a lectura; experimentar a biblioteca como un contorno máxico de encontro cos libros e con outros nenos e nenas e establecer un primeiro contacto cos libros dunha maneira lúdica facilitando o xogo. Os participantes, divididos en tres grupos de acordo coas súas idades, atoparán cada semana actividades de carácter pedagóxico, con obradoiros lúdicos, animacións, xogos e manualidades.

 

Webcam en Directo

axenda

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss