galego | español
texto grande
buscar

Noticias

martes, 24 de novembro de 2020
"O CONCELLO DO GROVE, O GRANDE ESQUECIDO DA XUNTA DE GALICIA"

 

O Grove leva máis de dez anos sen recibir investimento da Xunta de Galicia.

 

Os orzamentos da Xunta de Galicia volven a confirmar que O Grove non figura no mapa do Goberno autonómico. O esquecemento detéctase claramente ao analizar o documento de orzamentos onde non figura nin un só investimento para a nosa localidade, como vén sendo habitual dende hai xa máis de dez anos. Nas cifras previstas pola Xunta para o ano 2021 tan só se recolle unha ridícula partida de 100.000 euros para o proxecto (non é unha actuación) de ampliación do edificio da lonxa; a partir dese punto poden revisarse todas as partidas de todas as consellerías sen volver a ver o nome do Grove en ningún outro apartado. En total, a Xunta destina 3,5 millóns de euros para toda a comarca do Salnés, unha das contías máis baixas de toda Galicia para unha das zonas máis puxantes e con maior peso na dinamización turística da nosa comunidade.

 

No caso do Grove resulta especialmente grave que non se teñan en conta nin unha soa das demandas trasladadas durante anos á Xunta. Nin un só euro para a centro de saúde, nin para a mellora nin para proxectar un novo, a pesar de que o mencionado proxecto si estaba recollido nos orzamentos do Goberno bipartito, foi eliminado e nunca máis se tivo noticia destes fondos. Tampouco hai fondos para que Portos reforme a explanada do Corgo, malia a gravidade da súa situación, nin para a estrada do Lanzada a San Vicente (de competencia autonómica), nin moito menos para a rúa Luís A. Mestre, que segue sendo da Xunta de Galicia.

 

E todo isto falando só de mantementos, xa que no referido a investimentos e infraestruturas xa resulta verdadeiramente vergoñento que a Xunta non se implique na mellora da vila en aspectos que van máis alá das competencias municipais, como o necesario porto deportivo. A posta en marcha do auditorio e escola de música por parte do Concello, contando só coa colaboración da Deputación de Pontevedra, debería sacarlle as cores ao Goberno da Xunta, que queda ao descuberto deixando que este sexa un dos poucos equipamentos culturais de Galicia que non recibiu nin un só euro autonómico. Unha vez máis, O Grove volve a verse discriminado e ninguneado por unha Xunta que non conta co noso municipio.

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss