galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

martes, 24 de novembro de 2020
"O CONCELLO DO GROVE SÚMASE Á CAMPAÑA ‘EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS’"
foto

 

Ante as limitacións existentes, o Concello convida a veciñanza a amosar o seu rexeitamento “vestindo” de negro as fiestras e os balcóns.

 

Unha vez máis, a epidemia da COVID que estamos a sufrir supón a modificación das actividades previstas. Deste xeito, o habitual programa de reivindicación vinculado á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller o 25 de novembro tivo que ser modificado e adaptado á nova realidade que vivimos. Así, o Concello do Grove mantense vinculado á campaña “En negro contra as violencias machistas”, unha acción colectiva de sensibilización social que xurdiu no ano 2015 en Santiago de Compostela e que, ano a ano, vai medrando e facendo partícipes máis concellos, institucións e sectores.

 

As actividades vinculadas a esta data concreta, inda que se desenvolven durante todo o mes e se traballan durante todo o ano, buscan obter unha resposta global de rexeitamento das violencias de xénero e dos asasinatos machistas. Ante a imposibilidade de programar as actividades habituais, que implicarían as xuntanzas e os contactos, o Concello do Grove propón como alternativa a participación cidadá amosando o seu rexeitamento ás violencias machistas de xeito simbólico, a través das redes sociais ou colgando algo negro nas súas fiestras ou balcóns.

 

Esta iniciativa está dirixida ás vivendas, pero tamén as entidades, establecementos ou asociacións que queiran “vestir” de negro os seus locais atoparán indicacións ao respecto a través da web ennegrocontraasviolencias.gal, onde se dan ideas para empregar bandeiras, carteis ou calquera prenda de roupa negra. Tamén subido ás redes sociais fotografías sobre o tema cos cancelos #GaliciaenNegro e #EnNegro2020. No caso concreto do Grove, as persoas interesadas poderán recoller globos negros nos supermercados da localidade para sumarse á iniciativa.

 

No relativo ao habitual acto no que se gardaba un minuto de silencio e se realizaba a lectura do manifesto, esta ano limitarase a un acto institucional coa presenza da corporación local e o persoal técnico do CIM, así como con representantes do Consello Local de Igualdade, xa que non se pode convocar a veciñanza. Este pequeno acto simbólico realizarse o día 25 de novembro ás 12.00 horas nas portas do edificio de Servizos Sociais do Concello.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss