galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Urbanismo

mércores, 5 de agosto de 2020
"O PLAN DE HUMANIZACIÓN DO SINEIRO SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE MÁIS DUN MILLÓN DOUSCENTOS MIL EUROS EN VARIAS FASES "

 

O alcalde presentoulle onte a proposta á veciñanza.

 

O alcalde do Grove foi o encargado de presentar onte o plan integral de humanización do barrio do Sineiro, que será aplicado nas nove rúas desa zona. O plan será desenvolto en varias fases, comezando de xeito inmediato pola rúa Cantabria. Trátase dunha actuación necesaria nunha área que leva moitos anos sen recibir investimentos nin melloras e que é urxente integrar na zona urbana da localidade como barrio que forma parte desta. Inda que as propostas terán impacto na parte exterior da rúa, con melloras no pavimento e nas beirarrúas que farán o barrio accesible e acolledor para os peóns, sen dúbida a actuación máis importante atópase baixo terra, cunha mellora das conexións e da recollida de pluviais e fecais, que é fundamental para garantir as boas condicións da barriada e seguir contribuíndo á mellora do abastecemento de toda a localidade.

 

Como se pode ver na documentación adxunta, o Concello xa ten deseñado o plan integral rúa a rúa, aínda que este se acometerá en varias fases e contando co financiamento de, entre outros, o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, que permite —grazas ao seu carácter estable e obxectivo— contar con fondos a futuro para lles facer fronte a actuacións tan importantes. A actuación seguirá o modelo deseñado en toda a zona urbana do Grove, priorizando o peón e partindo da circulación moderada e reducida de vehículos. Manteranse as zonas de aparcadoiro, pero redeseñarase o tráfico para garantir esa pacificación necesaria para a convivencia entre coches e viandantes. Unha vez máis, a accesibilidade e o tránsito de persoas con mobilidade reducida resulta primordial para seguir traballando nun Grove inclusivo, ao tempo que a amplitude das beirarrúas fomenta a vida social de pobo e a seguridade de persoas maiores e cativada.

 

Ámbito de actuación:

 

Documentación presentada onte na reunión coa veciñanza>

 

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss